27/10/08

Alumn@s cinéfilos

Alumn@s de bacharelato e de ciclos formativos animáronse a coñecer un cinema alternativo no Festival de Cine Independente de Ourense. Porén houbo diversidade de opinións e, se ben algúns consideraron que hai películas interesantes máis alá das protagonizadas por Brad Pitt e Angelina Jolie, outros prefiren quedarse cun cinema máis convencional.

Se queres compartir a túa opinión sobre a película que xerou o debate, Microfilia, podes deixar aquí o teu comentario.



O paso d@s alumn@s do Cidade de Antioquía polo Festival, deixou testemuña gráfica nalgún diario, como se pode apreciar no taboleiro da entrada do instituto. Achégate ata alí se queres "cotillear" e comprobar a fotoxenia dalgúns compañeiros...

Un novo curso no Cidade de Antioquía...


Os administradores do blog andabamos un pouco durmidos e esquecemos dar comezo ó novo curso no ciberespazo pero, por fin, aquí estamos coa esperanza posta en que isto se anime e os profes e alumn@s participen.

Por que non deixar a vosa pegada na rede? Animádevos!

16/6/08

Os gañadores do VII concurso de Cultura Clásica son do Cidade de Antioquía!!

De novo alumnas e alumnos do noso instituto reciben a coroa de loureiro despois de gañar o VII Concurso de Cultura Clásica, na modalidade de Creación Artística. A súa recreación do Xuízo de Paris en video, mereceu o ansiado premio. Podedes ver a reseña na páxina web da organización do concurso: http://www.eposgalicia.org/
Non credes que estaría ben que todo o mundo puidera ver o seu traballo, agora que ten recoñecemento case internacional? Este é un bo lugar para pedirllo.
PARABÉNS A:
TANIA GONZÁLEZ GONZÁLEZ
SORAYA SUÁREZ QUINTAS
INMACULADA VILA GARCÍA
SILVIA PENÍN ANDRADE
ALBA GONZÁLEZ SALGADO
IVÁN LOSADA GARCÍA
ARTURO VILLARINO GONZÁLEZ
DAVID GONZÁLEZ RIVERO
DAVID CARNERO
CRISTIAN FERNÁNDEZ BLANCO
ALEXANDRE PÉREZ PÉREZ

27/3/08

Chega a Vigo o Forum Orienta 08


O evento ten por finalidade a promoción, achegamento e difusión da oferta de ensino superior (ciclos formativos, ensinanzas artísticas e carreiras universitarias) en Galicia. Aínda que está especialmente dirixido ao alumnado de bacharelato e de formación profesional dos centros de educación secundaria, está aberto a toda a comunidade educativa. Se tes interese en visitala, podes facelo na fin de semana, acompañado dos teus pais.
No Forum Orienta poderás atopar información sobre:
-Bolsas, axudas e premios.
-Novidades dos próximos títulos de formación profesional.
-Ensinanzas máis demandadas polos sectores productivos de Galicia.
-Información sobre as PAAU (probas de acceso á universidade) e o sistema de acceso á universidade.
-Información sobre o sistema de acceso a ciclos formativos.
Informar sobre a vida nos sete campus universitarios de Galicia (cultura, deportes, residencias, comedores, transporte, etc.).
-Información sobre o Espazo Europeo de Educación Superior.
Lugar de celebración: salón IFEVI (Vigo)

Datas: 8 ao13 de abril

25/3/08

Nace o boletín "O Galo de Antioquía"...


Desta volta fixémolo os profes pero gustaríanos que fosen @s alumn@s do instituto os que desenvolvan a tarefa xornalística no noso lugar. As vosas ideas son moi interesantes, animádevos a participar!

Tamén podes colaborar deixando as túas críticas e suxerencias na parte adicada ós comentarios nesta entrada do blog.

4/3/08

Participa no concurso literario do IES Cidade de Antioquía!!


Un ano máis convócase o concurso de poesía e relato do instituto. Podes presentar as túas aportacións antes do día 31 de marzo, seguindo as bases do concurso que se atopan nos taboleiros das clases.

Anímate a participar... Tes moito que dicir!!

Convírtete en detective, investiga acerca da túa futura profesión...


Para coñecer a que tarefas se dedican os distintos profesionais, as aptitudes necesarias para acceder a esa profesión ou as saídas laborais, consulta os seguintes links:
http://www.eligeprofesion.org/
http://orienta.mecd.es/orienta/piop/jsp/index.jsp

18/2/08

@s nos@s alumn@s atópanse namorados...


A xulgar polas declaracións de amor que se poden ver polos corredores... E empregando unha das linguas máis románticas do mundo!

14/2/08

Non sabes cara onde encamiñar os teus pasos profesionais e académicos?


Consulta os seguintes enlaces, que che darán unha idea moi completa das ocupacións profesionais posibles, as tarefas que se realizan en cada unha delas e con que estudos se acadan:
http://www.educastur.princast.es/fp/hola/pil_col/perfiles/index.php
http://www.edu.xunta.es/fp/orientacion/webquest.htm

12/2/08

Achégate a curiosear na exposición da Biblioteca!


Durante este mes de Febreiro, na Biblioteca, temos unha exposición titulada A BATALLA DAS TERMÓPILAS. DA REALIDADE Á FICCIÓN.
Podedes atopar o seguinte:

● A película "La última batalla de los 300", de Zack Snyder
● O cómic "300" de Frank Miller
● Documentais referidos ó tema.
● Información gráfica referida á batalla real que inspirou ás obras anteriores.
● Libros variados sobre o tema.
● Comentarios sobre a relación dos feitos históricos e as obras artísticas
● Reaccións contrarias á película
● Un poema en galego que fai alusión ó tema.

Concurso Odisea 2008

Un grupo de alumnas de 2º de Bacharelato acadou un posto de honra no Concurso Odisea 2008. Participaban 271 grupos e as nosas representantes, tras chegar ó final empatadas a puntos con outros grupos, remataron no undécimo lugar, a só dous puntos do equipo vencedor- Primus Beta de Muros-.





PARABÉNS A:




TANIA GONZÁLEZ, SORAYA SUÁREZ e INMACULADA VILA!!!

31/1/08

VENRES DE ENTROIDO NO I.E.S. CIDADE DE ANTIOQUÍA!!!


O día 1 de febreiro de 2008 celebraremos o Entroido e seguiremos o seguinte plan de actividades:

-8:30 h: cada curso acudirá á súa clase.

-8:45 h: vídeo-coloquio sobre o Entroido a cargo de Xesús Losada Laxe.

-9:30 Festival de coplas do Entroido.

-10:00 Festa e concurso de disfraces. Aos gañadores premiaráselles con diñeiro en material educativo: 100 euros para a categoría de comparsa, 60 euros para a categoría de grupo pequeño e 30 euros para a categoría indivividual.

-12:00: Pinchos.

25/1/08

Para os amantes do sendeirismo e do deporte...


Os responsables da biblioteca recomendan botar unha ollada aos novos DVDs de sendeirismo:
-Un país na mochila
-Vías verdes
Ou os DVDs de iniciación á escalada ou ao esquí:
-Guía visual de iniciación á escalada deportiva
-Escola de esquí deportivo
Pídeos en préstamo!