12/2/08

Concurso Odisea 2008

Un grupo de alumnas de 2º de Bacharelato acadou un posto de honra no Concurso Odisea 2008. Participaban 271 grupos e as nosas representantes, tras chegar ó final empatadas a puntos con outros grupos, remataron no undécimo lugar, a só dous puntos do equipo vencedor- Primus Beta de Muros-.





PARABÉNS A:




TANIA GONZÁLEZ, SORAYA SUÁREZ e INMACULADA VILA!!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois a decir verdade este foi o mellor concurso dos que ata o de agora realicei, quizais pola compañía, quizais os contidos ou mesmo polo apoio que sentimos dos nosos compañeiros e compañeiras.
Foi unha magoa non quedar entre os tres clasificados pero malia a todo o undecimo posto non estivo nada pero que nada mal pensando que o número de participantes superaba ós 250.
Grazas a todos por interesarvos nesta nova, e grazas tamén a quen a publicou.

Saudos Inma

Anónimo dijo...

Unha nova edición do concurso Odisea que remata...pero con bos momentos para as tres... Tal e como dixo a miña compañeira tivemos moitas cousas do noso lado: a compañía, os ánimos da xente do noso redor...e puidemos experimentar de novo esa ilusión de agardar cada día a que chegase a hora de poder descubrir se as nosas respostas eran acertadas.
Sen dúbida sentímonos moi contentas coa posición que acadamos.
Así que...xa sabedes...para o ano, os que poidades seguídeo intentando!!

Moitas grazas á persoa que publicou esta nova polo seu apoio en todo momento.

Un saúdo. Soraya

Flores e María dijo...

Dixonos un paxariño que había pouca afluencia de visitas o blog do instituto...asi que nos animamos a participar!Aínda que estemos en Santiago acordamonos moitas veces dos momentos que pasamos alí.
Felicidades as estas tres rapazas por chegar tan preto dos primeiros postos!

Saúdos.
Flores e María

Anónimo dijo...

As administradoras agradecen moito a vosa visita e deséxanvos o mellor na nova etapa universitaria!!