20/5/09

Alumn@s de 1º da ESO visitan O Grove...



... coñecendo o funcionamento das bateas desde dentro. Algúns rapaces/as estiveron a piques de deixar a algún mariñeiro sen emprego, dado que aprenderon a facer nós de maribilla...




Visita a Outariz

Aínda que o día estaba un pouco fresco, o alumnado de 3º e 4º atreveuse a sacar os traxes de baño para probar as augas termais. Non se achega documento gráfico dos corpos esculturais do noso alumnado porque teñen exclusividade coa revista ¡Hola! Teredes que conformarvos coa imaxe das pozas exteriores...

Correlingua

@s alumn@s de 1º da ESO amosaron os artistas que levan dentro na súa participación no Correlingua (evento no que estiveron acompañados polos alumn@s de 3º). Os nosos "graffiteros" plasmaron as súas ideas na pancarta que se amosa na fotografía:




A viaxe non estivo exenta de percances e os paxaseiros do bus, que resultou accidentado, tiveron que ser evacuados pola Garda Cívil!

10/3/09

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Se non tes o título da ESO podes matricularte nun ciclo de formación profesional de grao medio se aprobas un examen de acceso.

O prazo para inscribirse na proba vai do 2 ó 13 de MARZO e a data prevista para a celebración da proba é o 3 de XUÑO.
Para poder inscribirse na proba deben cumprirse os seguintes requisitos:
-non contar cos requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio, e
-ter cumpridos 17 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A estructura da proba é a seguinte:
*Parte sociolingüística-3 probas:
-Lingua castelá
-Lingua galega
-Ciencias Sociais
*Parte matématica-1 proba:
-Matemáticas
*Parte científico-tecnolóxica-2 probas:
-Ciencias da natureza
-Tecnoloxía

Para máis información acode ó Departamento de Orientación ou a Secretaría do centro.

Alumnado na Escola de Deseño de Allariz


No apartado de noticias da páxina de Escola podedes atopar as fotos do obradoiro realizado polos alumnos de 3º e 4º do Cidade de Antioquía. Quen diría que non son auténticos deseñadores?

Visita o seguinte enlace se queres ver as fotos:
http://www.fdmoda.com/cas/infonews.asp?loc=allw.fdmoda.com/cas/infonews.asp?loc=all

4/3/09

Natureza e moda en Allariz

Hai que ver o ben que aproveitaron o tempo os alumnos de 3º e 4º en Allariz!

Ademais, como estiveron tan preto do mundo da moda (visitaron a Escola de Deseño e Moda), ata as profes posan para as fotografías
;-)...

Para ver como saíron o resto das fotografías, consulta a presentación da viaxe na marxe dereita do blogue.

3/3/09

Entroido 2009







Xa podes "cotillear" as fotos do Entroido na presentación cargada na marxe dereita do blogue... Comproba se es ti o máis fotoxénico do "insti"!