21/11/07

ATOPA O LIBRO!


Tratamos de facer unha cadea de lectura dentro do instituto, así que, despois de que o libro pase polas túas mans, líberao dentro do centro (pásallo a un amigo, déixao nunha aula, "esquéceo" na cafetería...).
1º PASO: Le
2º PASO: Rexistra os teus comentarios no blog.
3º PASO: Deixa o libro para que o lea alguén máis.

LEAS OU NON LEAS...
NON ROMPAS A CADEA!

18/11/07

Estreamos BLOG!

Sabiades que a autora dun blog máis vella do mundo é galega e ten 95 anos?
Nós tamén queremos dar a coñecer as cousas interesantes que facemos no instituto e, para iso, necesitamos da colaboración das persoas que formamos parte del. Podedes participar achegando historias, fotos... relacionados coas actividades do centro ou facendo comentarios ás noticias que vaian aparecendo no diario.
Benvidos ó blog do Cidade de Antioquía!