10/3/09

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Se non tes o título da ESO podes matricularte nun ciclo de formación profesional de grao medio se aprobas un examen de acceso.

O prazo para inscribirse na proba vai do 2 ó 13 de MARZO e a data prevista para a celebración da proba é o 3 de XUÑO.
Para poder inscribirse na proba deben cumprirse os seguintes requisitos:
-non contar cos requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio, e
-ter cumpridos 17 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A estructura da proba é a seguinte:
*Parte sociolingüística-3 probas:
-Lingua castelá
-Lingua galega
-Ciencias Sociais
*Parte matématica-1 proba:
-Matemáticas
*Parte científico-tecnolóxica-2 probas:
-Ciencias da natureza
-Tecnoloxía

Para máis información acode ó Departamento de Orientación ou a Secretaría do centro.

Alumnado na Escola de Deseño de Allariz


No apartado de noticias da páxina de Escola podedes atopar as fotos do obradoiro realizado polos alumnos de 3º e 4º do Cidade de Antioquía. Quen diría que non son auténticos deseñadores?

Visita o seguinte enlace se queres ver as fotos:
http://www.fdmoda.com/cas/infonews.asp?loc=allw.fdmoda.com/cas/infonews.asp?loc=all

4/3/09

Natureza e moda en Allariz

Hai que ver o ben que aproveitaron o tempo os alumnos de 3º e 4º en Allariz!

Ademais, como estiveron tan preto do mundo da moda (visitaron a Escola de Deseño e Moda), ata as profes posan para as fotografías
;-)...

Para ver como saíron o resto das fotografías, consulta a presentación da viaxe na marxe dereita do blogue.

3/3/09

Entroido 2009







Xa podes "cotillear" as fotos do Entroido na presentación cargada na marxe dereita do blogue... Comproba se es ti o máis fotoxénico do "insti"!