10/3/09

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Se non tes o título da ESO podes matricularte nun ciclo de formación profesional de grao medio se aprobas un examen de acceso.

O prazo para inscribirse na proba vai do 2 ó 13 de MARZO e a data prevista para a celebración da proba é o 3 de XUÑO.
Para poder inscribirse na proba deben cumprirse os seguintes requisitos:
-non contar cos requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio, e
-ter cumpridos 17 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A estructura da proba é a seguinte:
*Parte sociolingüística-3 probas:
-Lingua castelá
-Lingua galega
-Ciencias Sociais
*Parte matématica-1 proba:
-Matemáticas
*Parte científico-tecnolóxica-2 probas:
-Ciencias da natureza
-Tecnoloxía

Para máis información acode ó Departamento de Orientación ou a Secretaría do centro.

No hay comentarios: