27/3/08

Chega a Vigo o Forum Orienta 08


O evento ten por finalidade a promoción, achegamento e difusión da oferta de ensino superior (ciclos formativos, ensinanzas artísticas e carreiras universitarias) en Galicia. Aínda que está especialmente dirixido ao alumnado de bacharelato e de formación profesional dos centros de educación secundaria, está aberto a toda a comunidade educativa. Se tes interese en visitala, podes facelo na fin de semana, acompañado dos teus pais.
No Forum Orienta poderás atopar información sobre:
-Bolsas, axudas e premios.
-Novidades dos próximos títulos de formación profesional.
-Ensinanzas máis demandadas polos sectores productivos de Galicia.
-Información sobre as PAAU (probas de acceso á universidade) e o sistema de acceso á universidade.
-Información sobre o sistema de acceso a ciclos formativos.
Informar sobre a vida nos sete campus universitarios de Galicia (cultura, deportes, residencias, comedores, transporte, etc.).
-Información sobre o Espazo Europeo de Educación Superior.
Lugar de celebración: salón IFEVI (Vigo)

Datas: 8 ao13 de abril

2 comentarios:

Anónimo dijo...

É unha pena que nos levasen a ese evento o ano pasado e non este ano que estamos en segundo e a piques de ter que escoller camiño...

Así e todo, é bo saber que o forum orienta está aí !

Anónimo dijo...

existe vida ao outro lado da pantalla!!!