16/6/08

Os gañadores do VII concurso de Cultura Clásica son do Cidade de Antioquía!!

De novo alumnas e alumnos do noso instituto reciben a coroa de loureiro despois de gañar o VII Concurso de Cultura Clásica, na modalidade de Creación Artística. A súa recreación do Xuízo de Paris en video, mereceu o ansiado premio. Podedes ver a reseña na páxina web da organización do concurso: http://www.eposgalicia.org/
Non credes que estaría ben que todo o mundo puidera ver o seu traballo, agora que ten recoñecemento case internacional? Este é un bo lugar para pedirllo.
PARABÉNS A:
TANIA GONZÁLEZ GONZÁLEZ
SORAYA SUÁREZ QUINTAS
INMACULADA VILA GARCÍA
SILVIA PENÍN ANDRADE
ALBA GONZÁLEZ SALGADO
IVÁN LOSADA GARCÍA
ARTURO VILLARINO GONZÁLEZ
DAVID GONZÁLEZ RIVERO
DAVID CARNERO
CRISTIAN FERNÁNDEZ BLANCO
ALEXANDRE PÉREZ PÉREZ

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Un novo curso que chega á súa fin. Un curso diferente para moitos de nós, o remate da nosa época de instituto; pero que se pecha, como ben dixo unha magnífica profesora , "co mellor broche de ouro".
Recibimos este premio lembrando a ilusión coa que comezamos o proxecto. Horas extras de grabación, de repetir tomas unha e outra vez, de vestiario, maquillaxe, exteriores axeitados...horas de traballo,pero sobre todo de risa. Un proxecto que non se tería levado a cabo sen a axuda coa que contamos por parte dun bo número de persoas, especialmente Ana Gloria, que non deixou nunca de crer en nós nin de manifestarnos o seu enorme apoio.
E á emoción de ver premiado o noso esforzo engadímoslle a mellor entrega de premios que puidesemos ter, cun discurso que nos deixou sen palabras...palabras que, aínda que non puideramos pronunciar nese momento, non deixamos de sentir...
Porque é unha despedida difícil e levamos unha gran pegada de persoas e vivencias do Cidade de Antioquía.

Foron tantas cousas, tantos momentos nesas aulas e corredores que tan só nos queda dárllelas grazas a todos os que fixeron que fose un grato camiño!!

Un bico moi forte. Soraya

Anónimo dijo...

Parabéns a tod@s @s gañador@s do VII concurso de Cultura Clásica e a aquelas persoas que colaboraron para que fose posible.

camilo dijo...

Un inesperado premio chegou ás nosas mans no pasado mes de xuño, para todos unha grata sorpresa que veu nun momento idoneo, a verdade é que foi sen dúbida unha lección para todos, porque a esperanza é o último que debe perderse..

Despois de ter traballado arreo recibimos unha importante recompensa, que non só economica, senón persoal. Foi moi importante para nos que o traballo fora recoñecido e o esforzo premiado, pero o mellor de todo foi poder recibilo entre os noso compañeiro do Antioquia para demostrarlles que con traballo todo se consegue.

Graciñas a todos os que pasades por estes lares, e en especial como non á profesora que nos acompañou nesta viaxe e nos animou en todo momento para non perder a ilusión.

Gracias Ana!! Ogallá que sigas sendo así sempre.

un saudo. Inma